Este proxecto xorde en  colaboración co grupo de 6º A de CEIP plurilingüe Eugenio López de Cee, a iniciativa de Ana San Isidro Lojo, a súa titora.

O obxectivo deste proxecto é visibilizar os oficos vinculados á figura feminina e relacionados co mar, destacando e homenaxeando o papel da muller na historia do patrimonio galego con motivo da conmemoración do 8 M 2022.  


Para iso os alumnos partiron da observación de obras de artistas da nosa contorna e das súas obras, onde puideron observar ás mulleres no oficios do mar...

Cestola na cachola, Xoan Cabezas, Genma Marqés, Viki rivadulla  ...

 

Tras un labor de investigación e documentación, practicaron as técnicas do bosquexo e a selección do modelo para así animarse a facer unha representación final.

E despois do esforzo realizado polos alumnos, pareceunos moi interesante ter a honra de mostrar os resultados de todo este proceso, que culmina cunha exposición de todos os traballos nunha sala virtual na nosa páxina web, onde os demais poidan contemplar con detemento os logros dos nosos futuros artistas.

 

Estas obras non só se poderán contemplar en dixital, estarán á vosa disposición na nosa galería para todo aquel que as queira ver, e para todos aqueles que queirades contribuír a recadar diñeiro para a Asociación ASPADEX,  poderedes comprar as obras a un  prezo simbólico de 10€/ud


1  Título da obra: A cangrexa

    Autora: Helena Otero Quiza

É a historia dunha “cangrexa”; sabe que ten que traballar a rede e que ten que seguir coa súa vida, pero está enredada na súa vida que é un bucle, ela intenta saír pero sabe que o primeiro é traballar.

Empoderamento da muller nos oficios do mar


 

2 Título da obra: A percebeira loitadora

                 Autor: Gorka Montero Ríos

A miña obra representa a todas as mulleres que no día a día se xogan a vida para poder comer, neste caso collendo percebes.

 

Título da obra: Bravura é feminina

                Autor: Gala Ares Porteiro

Esta ilustración está dedicada ás redeiras, aquelas que quedaban todas as noites arranxando redes para os mariñeiros mentres estes durmían. Mais, e se unha muller sae coa súa rede pola noite a pescar? Nisto baséase a miña obra; nunha muller forte, valente e intelixente, a cal, xa que arranxa a rede, pesca. Hai poucas mulleres no oficio de pescadoras e hai máis mulleres redeiras, por que non unha muller que traballe nos dous oficios?

 

4Título da obra: O mar é vida

                Autora: Tania Trillo Dono

Esta obra representa o duro traballo que teñen que pasar as mariscadoras polo día enteiro e o pouco remunerado que é pese aos sacrificios que se fan.

 

 

5 Título da obra: Tecendo redes

              Autora: Uxía Novo Cambeiro

Este debuxo semella dúas redeiras traballando e un home ao seu carón que está a mirar como faenan sen facer nada.

 

 

6 Título da obra: O mar arrastro

              Autora: Uxía Novo Cambeiro

Este debuxo semella unha mariscadora no mar, mostra os traballos que pasan e o seu esforzo.

 

 

Título da obra: Pesca intensiva

              Autora: Beatriz Iglesias Rivas

Nesta obra retratei o poder das mulleres e o traballo que exercen na pesca.

 

 

8  Título da obra: A esencia no mar

               Autora: Iria Góñez Pazos

Esta obra está inspirada nas percebeiras que fan un traballo moi duro e cun xornal moi baixo.

 

9  Título da obra: A Mariñeira

              Autora: Alba Romar Gómez

Esta obra representa á muller levando todas as sardiñas, que pese a estar moi cansa segue cargando co peso na súa cabeza.

 

 

10 Título da obra: Muller á mar

                  Autor: Hugo Lago Santamaría

Representa unha muller nun barco pesqueiro en mar aberto, pois aínda que non adoitan verse mulleres na pesca de altura é unha forma de homenaxear a aquelas que si que emprenden este oficio.

 

11 Título da obra: Mariñeira Tempestade

                  Autor: Yoel Balsa Meijide

Esta muller loitadora demostra que as mulleres poden facer todo aquilo que se propoñan

 

12  Título da obra: A rocha percebeira

                    Autor: Raúl Gándara Landeira

A ilustración representa a unha percebeira que está collendo percebes nunha rocha no mar.

 

12. Título da obra: O meu traballo é o meu esforzo

                   Autora: Laura Liz Lago Aragón

Esta obra trata sobre o esforzo da muller, facendo o seu traballo, sen dubidar, a pesar de estar traballando desde a noite ata a mañá. O nome da obra “O meu traballo é o meu esforzo” débese ás horas de esforzo traballando.

 

13, Título da obra: A-mar

Autor/a: Lois Domínguez Areas

Esta obra é unha homenaxe a todas as mulleres que traballan no e para o mar, xa que o seu papel é fundamental no mesmo.

 

 

 

14. Título da obra:  Ollada ao marisqueo

                  Autora: Antía Cambeiro García

Este debuxo representa ás mariscadoras, que traballan todo o día sen descanso e a baixo custo. O ollo azul representa ás mariscadoras que traballan no mar (esta é a minoría), e o ollo marrón representa ás que traballan en terra.

 

 

Formulario

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Más Información. OK Más información